The Jam
The Jam | |
---|---|
The Jam en concerto en 1982. | |
Orixe | Woking, Surrey, Inglaterra |
Período | 1972 – 1982 |
Xénero(s) | mod revival, punk rock, New Wave |
Selo(s) discográfico(s) | Polydor Records |
Membros | Paul Weller Bruce Foxton Rick Buckler Steve Brookes |
Na rede | |
http://www.thejam.org | |
The Jam foi unha banda inglesa de punk rock/mod revival formada en Woking, Surrey e activa durante finais dos anos 70 e principios dos anos 80. Se ben comparte o seu punto de vista de "mozos irados" e tempos rápidos dos seus contemporáneos do punk rock, The Jam vestían traxes deseñados coidadosamente en vez de roupa estragada, e incorporaron un feixe de influencias do rock mainstream dos 60 en vez de rexeitalas, colocando á banda na vangarda do moemento mod revival.
A banda tivo 18 sinxelos top 40 consecutivos no Reino Unido, dende a súa estrea en 1977 ata a súa desaparición en decembro de 1982, incluídos catro números 1. En 2007, "That's Entertainment" e "Just Who Is the 5 O'Clock Hero?" seguáin sendo os seinxelos máis vendidos de todos os tempos no Reino Unido. The Jam editou un álbum ao vivo e seis de estudio, o último dos cales, The Gift, foi número 1 nas listas británicas. Cando a banda se separou, os seus priemiros 15 sinxelos foron re-editados e todos eles entraron no top 100.
A banda baseouse nunha variedade de influencias estilísticas durante o curso da súa carreira, incluíndo a música beat dos 60, o soul, o rhythm and blues e o rock psicodélico, ademais do punk rock e o new wave dos 70. O trío foi coñecido polas súas melódicas cancións pop, o seu sabor claramente inglés e a súa imaxe mod. A banda lanzou a carreira de Paul Weller, que formaría The Style Council e posteriormente tería unha exitosa carreira en solitario. Weller compuxo e cantou a meirande parte das composicións orixinais de The Jam, ademais de tocar a guitarra principal, usando unha Rickenbacker. Bruce Foxton se encargaba dos coros e das liñas de baixo, que foron a orixe de moitos dos temas do grupo, incluídos os éxitos "Down in the Tube Station at Midnight", "The Eton Rifles", "Going Underground" e "Town Called Malice".
Discografía
[editar | editar a fonte]- In the City - 1077 (Polydor Records)
- This Is the Modern World - 1978 (Polydor Records)
- All Mod Cons - 1978 (Polydor Records)
- Setting Sons - 1979 (Polydor Records)
- Sound Affects - 1980 (Polydor Records)
- The Gift - 1982 (Polydor Records)